05 marzo, 2023

Xornadas de Habilidades Sociais

Os nenos e nenas de 5º e 6º de Primaria puideron gozar de 3 xornadas de Habilidades Sociais da man dunha experta no tema. Foron tres días de emocións intensas e de reflexión acerca de temas tan importantes como o autoconcepto, a autoestima, os distintos tipos de comunicación, a resolución de conflitos... Todo iso tratado de forma moi amena, empregando, por exemplo, o  xogo de roles ou o visionado de curtametraxes representativas. Estamos convencidos e convencidas de que veremos resultados de todas estas aprendizaxes en breve.