Amosando publicacións coa etiqueta Día TDAH. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Día TDAH. Amosar todas as publicacións

26 novembro, 2023

DÍA DO TDAH EN ESPAÑA



Comezamos as actividades do Contrato Programa INCLÚE cunha nova conmemoración: 27 de outubro, día nacional para a concienciación sobre o TDAH.
Na modalidade Iguála-T esforzámonos por dar visibilidade a calquera situación ou condición que poida provocar diversidade funcional nas persoas. Nesta ocasión foi o TDAH (Trastorno por déficit de atención e hiperactividade) o protagonista das actividades. 
Os nenos e nenas viron a curtametraxe "Ti decides agora", no que unha nena conta as experiencias do seu irmán, que padece TDAH. A película non foi máis que unha escusa para a reflexión:
Algunha vez tivestes dificultades para concentrarvos? Imaxinádevos que vos ocorrese cada día.
Algunha vez esquecéstesvos de algo importante e enfadáronse convosco? Imaxinádevos que vos ocorrese cada día.
Algunha vez sentistes que o voso corpo móvese só e que non podedes facer nada para paralo? Imaxinádevos que vos ocorrese cada día
Despois de poñer en funcionamento a empatía, leva o momento da acción: Como podemos axudar aos nosos amigos e amigas con TDAH? Xurdiron unha chea de ideas: ter paciencia, lembrarlles o que teñen que facer, explicar moitas veces as normas dos xogos, non terlles sempre todo en conta...
En fin, un gran traballo de reflexión e de empatía. 
#contratosprograma
#cpinclue
#incluet