10 abril, 2023

Día Mundial das Enfermidades Raras

O último día de febreiro, desde o ano 2008, está dedicado á visibilización das enfermidades raras. É certo que cada unha delas é moi pouco frecuente na poboación; pero resulta que hai tantas, que algúns estudos afirman que un 8% da poboación padece ou padecerá unha enfermidade rara. Con estas cifras, a que as enfermidades raras quizais non o sexan tanto? Diso trata este día, de crear conciencia e axudar ás persoas que padecen algunha destas enfermidades a que reciban o diagnóstico e tratamento necesario para conseguir a maior calidade de vida posible.
Nesta liña de pensamento as nais de Artai e Leia, de primeiro de primaria, ofrecéronse a ler un conto que trata o tema aos nenos e nenas da súa clase, porque nunca é pronto para visibilizar e concienciar. Moitas grazas ás dúas por ensinarnos tanto!



Reporteiras na historia

 Reporteiras na historia é unha tarefa de investigación. Nela, as distintas aulas buscaban información sobre algunhas das primeiras reporteiras da Idade Contemporánea e os problemas aos que se enfrontaban na súa profesión polo feito de ser mulleres. En cuarto de primaria ampliaron a investigación e estudaron a "Las Sinsombrero", grupo de marabillosas pensadoras e artistas que pertenceron á xeración do 27 e cuxo traballo foi subestimado durante anos. 

A todas e todos: Parabéns por un gran traballo!!!





Contacontos pola Igualdade

Este 8M os nenos e nenas de sexto de Educación Primaria preparáronnos unha actividade moi especial.  En parellas ou tríos foron a todas as aulas de primaria e de infantil do colexio para contar un conto con temática centrada na igualdade. Fixérono realmente ben. Todas e todos gozamos moito coas súas historias. Grazas!








Emocións en Xogo

Febreiro é un mes de emocións fortes no Feliciano Barrera. Dentro do noso programa de desenvolvemento da competencia emocional incluímos unhas xornadas de xogos que teñen que ver con habilidades sociais ou xestión emocional. Cada aula ten un ou dous xogos que, pasadas dúas semanas intercambiarán con outra.  Unha maneira amable e lúdica de aprender a recoñecer e xestionar as nosas emocións. 




Día Internacional da Felicidade

Como xa sabedes, polo Día Internacional da Felicidade, decidimos preparar unha lista de reprodución coas cancións que alumnado, profesorado e familias considerades as máis alegres do mundo
Por problemas técnicos non puidemos entrar o luns coa selección de cancións . Hoxe si! Xa está preparada a nosa lista de reprodución coas “cancións máis alegres do mundo” ou, polo menos, as que ao noso alumnado, profesorado e familias parecéronllo. Deixámosvos a ligazón para poder abrir directamente en Spotify e gozar de cinco horas de diversidade musical. A lista chámase CEIP Plurilingüe FELICIANO BARRERA.



Xarope de autoestima

Todos e todas necesitamos de cando en vez sacar o foco dos nosos defectos (que é o que adoitamos facer) e dar luz a aquilo que facemos ben e que nos fai felices. En cuarto de primaria fixeron ese exercicio cun marabilloso resultado: descubriron que son nenos e nenas che@s de calidades positivas. Imos ter que ampliar a clase para facer sitio a tanto talento. Parabéns!