30 novembro, 2023

25N RIMAS POLA IGUALDADE. A DRAGOA SIXTA

 


Presentamos hoxe o poema que traballaron en 3º de Primaria para a actividade "Rimas pola Igualdade", pola conmemoración do 25N.
A mensaxe principal que quixeron transmitir é que o deporte, en xeral, e o fútbol, en particular, non sabe nin de xénero nin de sexo.
Goza do fútbol se che gusta; sexas home, muller, dragón ou dragoa!
#contratosprograma
#cpinclue
#igualat

29 novembro, 2023

25N RIMAS POLA IGUALDADE. A PANTASMA ANTÓN

 


En cuarto de primaria aproveitaron a conmemoración do 25N para falar de igualdade, concretamente de igualdade á hora de encargarse das tarefas do fogar. Para iso recitaron, ilustraron e traduciron o poema "El fantasma Antonio", de Carmen Gil.
É importante dar ás tarefas domésticas o valor que teñen, sexas home, muller ou pantasma... que o castelo non se limpa só!
#contratosprograma
#cpinclue
#igualat

26 novembro, 2023

25N. RIMAS POLA IGUALDADE. E TI, SÓ TI


Este 25 de novembro, Día Internacional contra a violencia de xénero, o alumnado de sexto recitou "E ti, só ti" unha canción do grupo alicantino El Diluvi e a cantautora coruñesa Sés.
Nenas e nenos lembráronnos en verso a súa convicción de que, en materia de igualdade "sabes ben que mañá será mellor". Axudémoslles a que sexa unha realidade hoxe!

#contratosprograma
#cpinclue
#igualat

25N INFANTIL POLA IGUALDADE

 


Neste 25 de novembro, Día Internacional contra a violencia de xénero, en educación infantil non quixeron falar de violencia... e fixeron moi ben!
Falaron de igualdade, de amizade, de felicidade e de unidade entre todo tipo de persoas.
Se conseguimos afianzar estes valores nos máis pequenos e pequenas a violencia non terá espazo no que vivir.

#contratosprograma
#cpinclue
#igualat

DÍA DO TDAH EN ESPAÑA



Comezamos as actividades do Contrato Programa INCLÚE cunha nova conmemoración: 27 de outubro, día nacional para a concienciación sobre o TDAH.
Na modalidade Iguála-T esforzámonos por dar visibilidade a calquera situación ou condición que poida provocar diversidade funcional nas persoas. Nesta ocasión foi o TDAH (Trastorno por déficit de atención e hiperactividade) o protagonista das actividades. 
Os nenos e nenas viron a curtametraxe "Ti decides agora", no que unha nena conta as experiencias do seu irmán, que padece TDAH. A película non foi máis que unha escusa para a reflexión:
Algunha vez tivestes dificultades para concentrarvos? Imaxinádevos que vos ocorrese cada día.
Algunha vez esquecéstesvos de algo importante e enfadáronse convosco? Imaxinádevos que vos ocorrese cada día.
Algunha vez sentistes que o voso corpo móvese só e que non podedes facer nada para paralo? Imaxinádevos que vos ocorrese cada día
Despois de poñer en funcionamento a empatía, leva o momento da acción: Como podemos axudar aos nosos amigos e amigas con TDAH? Xurdiron unha chea de ideas: ter paciencia, lembrarlles o que teñen que facer, explicar moitas veces as normas dos xogos, non terlles sempre todo en conta...
En fin, un gran traballo de reflexión e de empatía. 
#contratosprograma
#cpinclue
#incluet