Amosando publicacións coa etiqueta Convive-T. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Convive-T. Amosar todas as publicacións

22 maio, 2024

PUNTO LARANXA CONTRA O ACOSO ESCOLAR


Xa están operativos os dous Puntos Laranxas contra o acoso escolar: o físico, na entrada da biblioteca, e o virtual, na web do colexio.
A idea é ofrecer aos nenos e nenas unha ferramenta máis para evitar e previr o acoso. Afianzar un espazo no que poder deixar as súas inquietudes e preocupacións cando non son capaces de expresarse verbalmente ou queren facelo de forma anónima.
Para ilustrar o tema, lembramos a curtametraxe que presentamos o curso pasado, "Historias de Guláns", que trataba o tema desde o punto de vista dos nenos e nenas. Deixámosvos a ligazón por se tamén queredes lembralo.

https://blogdeleoleon.blogspot.com/2023/06/historias-de-gulans.html

 

24 abril, 2024

A ESTRELA DA AMIZADE


Continuamos traballando a autoestima no noso Obradoiro de Habilidades Sociais e Emocionais. Nesta ocasión, a través das "estrelas".
A idea é sinxela: todos e todas somos estrelas en algo. Pode ser algo moi rechamante como o cine, ou a música... ou algo máis do día a día como ser amable, ou inventar xogos divertidos.
Representamos a cada neno e nena cunha estrela de cartolina na que, en cada punta, os seus compañeiros e compañeiras escriben unha calidade positiva.
En total: cinco inxeccións de autoestima para cando necesiten lembrar por que son estrelas!

 

17 abril, 2024

A RULETA DA AUTOESTIMA


 

Como xa sabedes, de 2º a 6º de primaria levamos a cabo, desde principio de curso, o noso Obradoiro de Habilidades Sociais e Emocionais.
Estamos moi contentos e contentas coa experiencia.
Hoxe, no Círculo Seguro de 2º de primaria, fixemos un breve repaso das emocións básicas e xogamos a un novo xogo: A Ruleta da Autoestima.
É un recurso simple e poderoso: un protagonista, unha ruleta e que o azar decida como os nosos compañeiros e compañeiras farannos sentir mellor. Poden dicirnos as nosas mellores calidades, poden darnos unha aperta se nos apetece, poden facer con nós unha coreografía de mans, poden dedicarnos un aplauso...
O único malo da experiencia foi que quedaron con ganas de máis! Esperamos poder retomar o xogo o vindeiro mércores porque...
A quen lle ván mal quererse un pouquiño máis?