Actividades relacionadas coa inclusión educativa no CEIP Plurilingüe Feliciano Barrera
11 xaneiro, 2024
BARREIRAS QUE DERRUBAR
29 xaneiro, 2023
Hoy voy a hablarte de mis héroes...
Coñecedes a canción? Xa que falamos de heroes e heroínas: Este curso, para conmemorar o día da discapacidade, os nenos e nenas do CEIP Plurilingüe Feliciano Barrera cantaron en linguaxe de signos a canción "De ellos aprendí", de David Rees.
Tentaron seguir a canción facendo os signos correctamente, pero resultoulles bastante complicado. Non ten importancia! A aprendizaxe que buscabamos consistía en que comprendesen e experimentasen que as persoas xordas poden cantar e que, de feito, cantan.
Esperamos non ter feito ningún signo inapropiado na nosa práctica!
28 xaneiro, 2023
Póñome no teu lugar.
Para a conmemoración do Día da Discapacidade, ademais das actividades xa programadas, chegounos uha preciosa proposta dunha familia do centro e, como non, subímonos ao carro.
Trátase do reto "Póñome no teu lugar", que nos propón pasar unha xornada ou actividade con algunha "limitación". En primeiro de primaria, taparon os seus ollos para percibir sen ver e empatizar, na medida do posible, co que pode sentir unha persoa cega. Diversión para algúns e algunhas; medo para outr@s; unha experiencia, iso si, para todos e todas.
Falamos coas mans
Este curso centramos as actividades do Día da Discapacidade na discapacidade auditiva e na linguaxe de signos.
Tentamos facer comprender aos nenos e nenas a importancia da comunicación e o valioso que resulta ter ferramentas para poder comunicarnos con todo tipo de persoas.
Os maiores e as maiores do cole conseguiron deletrear o seu nome completo en linguaxe de signos e aprender algunhas fórmulas de cortesía básicas, como saúdos e despedidas. O alumnado de educación infantil conseguiu aprender o xesto correspondente coa primeira letra do seu nome. Todos e todas poden participar se a actividade prográmase atendendo ás múltiples idades, niveis de desenvolvemento e intereses do alumnado.
DisCamino de Santiago
Onte os nenos e nenas de 5º e 6º de Primaria asistiron a uha charla moi especial e emocionante na Avisoureira. Os relatores eran persoas con diversidade funcional que fixeron o camiño de Santiago grazas a DisCamino deSantiago, un proxecto que nace en 2009 con principal obxectivo de facer o camiño de Santiago accesible para todas as persoas, incluídas, por suposto, aquelas que presentan algunha discapacidade. Convidámosvos a visitar a súa web, discamino.org e emocionarvos coas experiencias de superación e de inclusión que alí se contan.
Grazas ás persoas que onte, coas súas palabras, fixeron que o noso alumnado reflexionase sobre a enorme cantidade de cousas que poden facer e que fan as persoas con discapacidade no seu día a día. Foron un gran exemplo para todas as nenas e todos os nenos.
Esta actividade, organizada polo Departamento de Orientación, é a primeira dunha serie que comeza a semana que vén en conmemoración do 3 de decembro, Día Internacional das Persoas con Discapacidade.
Seguirémosvos contando!

