28 xaneiro, 2023

DisCamino de Santiago

Onte os nenos e nenas de 5º e 6º de Primaria asistiron a uha charla moi especial e emocionante na Avisoureira. Os relatores eran persoas con diversidade funcional que fixeron o camiño de Santiago grazas a DisCamino deSantiago, un proxecto que nace en 2009 con principal obxectivo de facer o camiño de Santiago accesible para todas as persoas, incluídas, por suposto, aquelas que presentan algunha discapacidade. Convidámosvos a visitar a súa web, discamino.org e emocionarvos coas experiencias de superación e de inclusión que alí se contan. 

Grazas ás persoas que onte, coas súas palabras, fixeron que o noso alumnado reflexionase sobre a enorme cantidade de cousas que poden facer e que fan as persoas con discapacidade no seu día a día. Foron un gran exemplo para todas as nenas e todos os nenos.

Esta actividade, organizada polo Departamento de Orientación, é a primeira dunha serie que comeza a semana que vén en conmemoración do 3 de decembro, Día Internacional das Persoas con Discapacidade.

Seguirémosvos contando!




Ningún comentario:

Publicar un comentario