Amosando publicacións coa etiqueta Día Familia. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Día Familia. Amosar todas as publicacións

13 xuño, 2024

A MIÑA FAMILIA É A MELLOR

 


Así comeza o poema que os nenos e nenas de segundo de primaria compuxeron e recitaron para as súas familias.
Sinxelo, directo e realmente fermoso. 

DIVERSIDADE FAMILIAR NAS ARTES


Preciosa actividade a levada a cabo en cuarto de primaria.
Investigaron e reflexionaron sobre como se representa á familia en distintas épocas a través de diversos cadros.
Manet, Sorolla, Sotomayor, Picasso...
Poucos membros, moitos, convivencia de varias xeracións no mesmo fogar e outros moitos aspectos foron tidos en conta na súa análise.
Gran traballo!!!

 

23 maio, 2024

ACRÓSTICOS DE AMOR


O Día Internacional das Familias foi intenso en 4º de primaria.
Sandra, a titora, pediu aos nenos e nenas que completasen un acróstico da palabra familia con aqueles conceptos ou ideas que lles suxerise.
O resultado foi unha beleza. A familia inspíralles fogar, alegría, amor, comprensión...
E iso é algo marabilloso!!!

 

15 maio, 2024

DÍA INTERNACIONAL DAS FAMILIAS EN EDUCACIÓN INFANTIL

 


Os nenos e nenas de Educación Infantil celebraron o Día Internacional das Familias dunha maneira moi simbólica.
Debuxaron a cada membro familiar nunha bolsa de tea. Unhas familias aparecen no fogar, outras nun parque, outras flotan entre soles e arcos da vella... Tal e como eles e elas imaxínanas.
Non sería marabilloso poder levar á nosa familia sempre connosco nunha bolsiña de tea?
Fermosa idea a das nosas compañeiras de infantil!
Como todos os anos, queremos felicitar a todas as familias, pero especialmente ás da nosa comunidade educativa, piares fundamentais do Feliciano Barrera.
Moitas grazas por estar ahí para nós!!!
Felicidades, familias!!!

08 maio, 2024

FAMILIAS NA ESCOLA: O PILOTO DE GAIVOTAS

 


En segundo de primaria volveron a recibir unha visita moi especial. O pai e a nai de Artai achegáronse á clase para contar un conto: Pedro, o piloto de gaivotas.
Pedro é un neno moi especial con intereses moi especiais. Quere explorar o mundo e todos os días sobe a lombos dunha gaivota para poder facelo á súa maneira. Pedro necesita axuda de cando en vez pero... quen non?
Manuel Darriba, o autor do libro, asinou un exemplar para nós e a familia de Artai tivo o detalle de regalárnolo.
Gardarémolo como ouro en pano. Así lembraremos cada día a nosa obriga cos pilotos de gaivotas, coas cazadoras de estrelas, cos psicólogos de elefantes ou coas cultivadoras de pedras: Comprender, acompañar e, por suposto, ensinar.
Mil grazas pola visita!!!

I EXPOSICIÓN DE ARTES NO FELICIANO BARRERA

 


Emocionados e emocionadas estamos de poder convidar a familias, veciños e veciñas á Primeira Exposición de Artes do Feliciano Barrera.
O mércores 15 de maio (Día Internacional das Familias), ás 13:00h, poderedes entrar no colexio para ver as obras de nenos e nenas de educación primaria. Tamén explicarán o proceso que seguiron para chegar a este fermoso produto final.
Cada aula inspirou as súas obras en artistas galegos e galegas cos que mantiveron distintas formas de contacto e que colaboraron connosco con todo o agarimo e a paciencia do mundo. Moitísimas grazas!!!
En 1º de primaria: Marta Cabaleiro.
2º: Menchu Lamas.
3º: Leandro Lamas.
4º: Urbano Lugrís.
5º: Elena Colmeiro.
6º:Silverio Rivas.
Non volo perdades! Esperámosvos!

06 maio, 2024

FAMILIAS NA ESCOLA: HISTORIAS DE PAPEL

En segundo de primaria recibiron unha visita moi especial. A nai de Rosalía sorprendeu a nenos e nenas construíndo unha historia de papel.
Preguntarédesvos: Debuxando? Coloreando? Escribindo?...
Pois non. Construíron unha historia dobrando papel, coa técnica xa milenaria do origami.
Das súas mans e das dos pequenos e pequenas saíron cruces, xerséis, pantalóns, barcas, mesas, estrelas e ata unha caixa de bombóns!
Moitísimas grazas por vir!!!
Aproveitamos para lembrar que as familias sodes sempre benvidas no Feliciano Barrera. Só tedes que programar unha hora coa titora do voso fillo ou filla e regalarlles un día inesquecible. Animádevos!

 

18 xuño, 2023

DÍA DA FAMILIA 2023

Este ano celebramos este día convidando as familias de infantil a vir ao colexio para facer unha actividade cos nenos e nenas. Houbo moita variedade: música, contos, manualidades, unha sesión de relaxación, unha presentación de fotos e recordos... Sabemos que non é fácil para moitos de vós sacar tempo dos vosos traballos ou outras obrigacións para estar connosco, por iso agradecemos tanto as visitas. Se este ano non puido ser, non vos preocupedes, o centro sempre está aberto ás vosas suxerencias e haberá máis ocasións como esta.