08 maio, 2024

FAMILIAS NA ESCOLA: O PILOTO DE GAIVOTAS

 


En segundo de primaria volveron a recibir unha visita moi especial. O pai e a nai de Artai achegáronse á clase para contar un conto: Pedro, o piloto de gaivotas.
Pedro é un neno moi especial con intereses moi especiais. Quere explorar o mundo e todos os días sobe a lombos dunha gaivota para poder facelo á súa maneira. Pedro necesita axuda de cando en vez pero... quen non?
Manuel Darriba, o autor do libro, asinou un exemplar para nós e a familia de Artai tivo o detalle de regalárnolo.
Gardarémolo como ouro en pano. Así lembraremos cada día a nosa obriga cos pilotos de gaivotas, coas cazadoras de estrelas, cos psicólogos de elefantes ou coas cultivadoras de pedras: Comprender, acompañar e, por suposto, ensinar.
Mil grazas pola visita!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario