O último día de febreiro, desde o ano 2008, está dedicado á visibilización das enfermidades raras. É certo que cada unha delas é moi pouco frecuente na poboación; pero resulta que hai tantas, que algúns estudos afirman que un 8% da poboación padece ou padecerá unha enfermidade rara. Con estas cifras, a que as enfermidades raras quizais non o sexan tanto? Diso trata este día, de crear conciencia e axudar ás persoas que padecen algunha destas enfermidades a que reciban o diagnóstico e tratamento necesario para conseguir a maior calidade de vida posible.
Nesta liña de pensamento as nais de Artai e Leia, de primeiro de primaria, ofrecéronse a ler un conto que trata o tema aos nenos e nenas da súa clase, porque nunca é pronto para visibilizar e concienciar. Moitas grazas ás dúas por ensinarnos tanto!
Ningún comentario:
Publicar un comentario