PRESENTACIÓN DO PROXECTO
O CEIP Plurilingüe Feliciano Barrera participa un ano máis no Contrato Programa Inclúe. É unha iniciativa da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades que ofrece instrumentos e recursos aos centros para deseñar plans de actuación relacionados coa inclusión educativa. No colexio imos traballar en tres modalidades:
Iguála-T
Inclúe-T
Emocióna-T
Ao longo do curso implementaremos programas que promovan a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres; a inclusión educativa e social e o desenvolvemento da competencia emocional. Contamos coa vosa axuda para alcanzar os obxectivos propostos.
Informaremos a través deste blogue e das distintas redes sociais do centro das actividades que vaiamos levando a cabo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario