Como cada curso, aproveitamos o Día Internacional Contra a Violencia de Xénero para falar cos nosos nenos e nenas da importancia da igualdade entre homes e mulleres. O noso centro sempre se posicionou e posicionarase en contra de todas e cada unha das distintas manifestacións da violencia; por suposto, tamén contra a violencia de xénero.
Este curso as actividades programadas foron un pouco distintas. Non quixemos poñer o acento na violencia para deixar espazo a outros conceptos máis positivos. Falamos de igualdade, falamos de respecto, falamos de amor, falamos de como debemos tratar ás demais persoas... Se aplicamos estes conceptos e servimos de modelo a nenos e nenas, a violencia terá cada vez menos espazo para subsistir. Tanto en casa como na escola, aproveitemos nosa ferramenta máis poderosa: A educación!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario