O 21 de novembro o colexio participou, como cada ano, no Pleno Infantil do Concello de Ponteareas, presidido pola nosa Alcaldesa.
Lucía e Amélia, de 6º e 5º de Primaria respectivamente, foron as encargadas de representarnos e fixérono realmente ben. Estamos moi orgullosos e orgullosas de ver como superaron os nervios e os medos que, inevitablemente, calquera tería na súa situación e, ademais, gozar da experiencia. Nós, dende o cole, seguimos o Pleno en rigoroso directo.
O tema tratado este ano non podería ser máis adecuado. Os nosos nenos e nenas necesitan que se fale da súa saúde mental e que se dea resposta rápida e eficaz ás súas inquietudes.
Agradecemos ao Concello de Ponteareas que dea voz aos nosos nenos e nenas e, por suposto, tamén ás familias, que os animan a participar.

Ningún comentario:
Publicar un comentario