Actividades relacionadas coa inclusión educativa no CEIP Plurilingüe Feliciano Barrera
11 xaneiro, 2024
BARREIRAS QUE DERRUBAR
30 novembro, 2023
25N RIMAS POLA IGUALDADE. A DRAGOA SIXTA
29 novembro, 2023
25N RIMAS POLA IGUALDADE. A PANTASMA ANTÓN
26 novembro, 2023
25N. RIMAS POLA IGUALDADE. E TI, SÓ TI
25N INFANTIL POLA IGUALDADE
#cpinclue
#igualat
DÍA DO TDAH EN ESPAÑA
Na modalidade Iguála-T esforzámonos por dar visibilidade a calquera situación ou condición que poida provocar diversidade funcional nas persoas. Nesta ocasión foi o TDAH (Trastorno por déficit de atención e hiperactividade) o protagonista das actividades.
Os nenos e nenas viron a curtametraxe "Ti decides agora", no que unha nena conta as experiencias do seu irmán, que padece TDAH. A película non foi máis que unha escusa para a reflexión:
Algunha vez tivestes dificultades para concentrarvos? Imaxinádevos que vos ocorrese cada día.
Algunha vez esquecéstesvos de algo importante e enfadáronse convosco? Imaxinádevos que vos ocorrese cada día.
Algunha vez sentistes que o voso corpo móvese só e que non podedes facer nada para paralo? Imaxinádevos que vos ocorrese cada día
Despois de poñer en funcionamento a empatía, leva o momento da acción: Como podemos axudar aos nosos amigos e amigas con TDAH? Xurdiron unha chea de ideas: ter paciencia, lembrarlles o que teñen que facer, explicar moitas veces as normas dos xogos, non terlles sempre todo en conta...
En fin, un gran traballo de reflexión e de empatía.
#contratosprograma
#cpinclue
#incluet
18 xuño, 2023
VISIBILIZACIÓN DO TEA
CONTRA O ACOSO ESCOLAR EU PODO…
OBRADOIRO DE COEDUCACIÓN
DÍA DA FAMILIA 2023
Este ano celebramos este día convidando as familias de infantil a vir ao colexio para facer unha actividade cos nenos e nenas. Houbo moita variedade: música, contos, manualidades, unha sesión de relaxación, unha presentación de fotos e recordos... Sabemos que non é fácil para moitos de vós sacar tempo dos vosos traballos ou outras obrigacións para estar connosco, por iso agradecemos tanto as visitas. Se este ano non puido ser, non vos preocupedes, o centro sempre está aberto ás vosas suxerencias e haberá máis ocasións como esta.
10 abril, 2023
Día Mundial das Enfermidades Raras
Reporteiras na historia
Reporteiras na historia é unha tarefa de investigación. Nela, as distintas aulas buscaban información sobre algunhas das primeiras reporteiras da Idade Contemporánea e os problemas aos que se enfrontaban na súa profesión polo feito de ser mulleres. En cuarto de primaria ampliaron a investigación e estudaron a "Las Sinsombrero", grupo de marabillosas pensadoras e artistas que pertenceron á xeración do 27 e cuxo traballo foi subestimado durante anos.
A todas e todos: Parabéns por un gran traballo!!!
Contacontos pola Igualdade
Este 8M os nenos e nenas de sexto de Educación Primaria preparáronnos unha actividade moi especial. En parellas ou tríos foron a todas as aulas de primaria e de infantil do colexio para contar un conto con temática centrada na igualdade. Fixérono realmente ben. Todas e todos gozamos moito coas súas historias. Grazas!
Emocións en Xogo
Febreiro é un mes de emocións fortes no Feliciano Barrera. Dentro do noso programa de desenvolvemento da competencia emocional incluímos unhas xornadas de xogos que teñen que ver con habilidades sociais ou xestión emocional. Cada aula ten un ou dous xogos que, pasadas dúas semanas intercambiarán con outra. Unha maneira amable e lúdica de aprender a recoñecer e xestionar as nosas emocións.
Día Internacional da Felicidade
Xarope de autoestima
05 marzo, 2023
Xornadas de Habilidades Sociais
Os nenos e nenas de 5º e 6º de Primaria puideron gozar de 3 xornadas de Habilidades Sociais da man dunha experta no tema. Foron tres días de emocións intensas e de reflexión acerca de temas tan importantes como o autoconcepto, a autoestima, os distintos tipos de comunicación, a resolución de conflitos... Todo iso tratado de forma moi amena, empregando, por exemplo, o xogo de roles ou o visionado de curtametraxes representativas. Estamos convencidos e convencidas de que veremos resultados de todas estas aprendizaxes en breve.
12 febreiro, 2023
MULLER E CIENCIA
Onte, sábado 11 de febreiro, foi o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. Por iso onte, no colexio, as nenas e nenos de 5º e 6º de Primaria recibiron unha visita moi especial. Mª Ángeles Pena Gallego, especialista en Química Cuántica, explicounos como, aínda que sempre houbo mulleres científicas, no pasado o seu traballo era ninguneado e mesmo roubado por unha contorna completamente masculinizada.
Hai moitas cousas que poden condicionar a vocación académica das persoas, non debemos permitir que a identidade de xénero sexa unha delas. Queremos homes e mulleres en todas as ramas do saber e do traballo!
30 xaneiro, 2023
A paz desde dentro.
Este curso aproveitamos a celebración do Día Escolar da Non Violencia e a Paz para afondar no noso mundo emocional e completar así una das actividades programadas no proxecto Emocióna-T.
Este 30 de xaneiro o noso programa de actividades comezou dunha maneira diferente á habitual. Expuxemos a paz como algo que comeza dentro de nós e que achegamos aos demais. A través do ioga, todas as nenas e nenos de infantil e primaria tentarán ver cara o seu interior para atopar a paz e a calma que tanta falta fai nestes tempos.
Hoxe 3º e 4º de Primaria inauguraron as xornadas, mañá será a quenda de 1º... O próximo día 7 de febreiro todo o CEIP Plurilingüe Feliciano Barrera terá saudado ao sol.
NAMASTE!!!
29 xaneiro, 2023
Hoy voy a hablarte de mis héroes...
Coñecedes a canción? Xa que falamos de heroes e heroínas: Este curso, para conmemorar o día da discapacidade, os nenos e nenas do CEIP Plurilingüe Feliciano Barrera cantaron en linguaxe de signos a canción "De ellos aprendí", de David Rees.
Tentaron seguir a canción facendo os signos correctamente, pero resultoulles bastante complicado. Non ten importancia! A aprendizaxe que buscabamos consistía en que comprendesen e experimentasen que as persoas xordas poden cantar e que, de feito, cantan.
Esperamos non ter feito ningún signo inapropiado na nosa práctica!
28 xaneiro, 2023
Póñome no teu lugar.
Para a conmemoración do Día da Discapacidade, ademais das actividades xa programadas, chegounos uha preciosa proposta dunha familia do centro e, como non, subímonos ao carro.
Trátase do reto "Póñome no teu lugar", que nos propón pasar unha xornada ou actividade con algunha "limitación". En primeiro de primaria, taparon os seus ollos para percibir sen ver e empatizar, na medida do posible, co que pode sentir unha persoa cega. Diversión para algúns e algunhas; medo para outr@s; unha experiencia, iso si, para todos e todas.
Falamos coas mans
Este curso centramos as actividades do Día da Discapacidade na discapacidade auditiva e na linguaxe de signos.
Tentamos facer comprender aos nenos e nenas a importancia da comunicación e o valioso que resulta ter ferramentas para poder comunicarnos con todo tipo de persoas.
Os maiores e as maiores do cole conseguiron deletrear o seu nome completo en linguaxe de signos e aprender algunhas fórmulas de cortesía básicas, como saúdos e despedidas. O alumnado de educación infantil conseguiu aprender o xesto correspondente coa primeira letra do seu nome. Todos e todas poden participar se a actividade prográmase atendendo ás múltiples idades, niveis de desenvolvemento e intereses do alumnado.
DisCamino de Santiago
Onte os nenos e nenas de 5º e 6º de Primaria asistiron a uha charla moi especial e emocionante na Avisoureira. Os relatores eran persoas con diversidade funcional que fixeron o camiño de Santiago grazas a DisCamino deSantiago, un proxecto que nace en 2009 con principal obxectivo de facer o camiño de Santiago accesible para todas as persoas, incluídas, por suposto, aquelas que presentan algunha discapacidade. Convidámosvos a visitar a súa web, discamino.org e emocionarvos coas experiencias de superación e de inclusión que alí se contan.
Grazas ás persoas que onte, coas súas palabras, fixeron que o noso alumnado reflexionase sobre a enorme cantidade de cousas que poden facer e que fan as persoas con discapacidade no seu día a día. Foron un gran exemplo para todas as nenas e todos os nenos.
Esta actividade, organizada polo Departamento de Orientación, é a primeira dunha serie que comeza a semana que vén en conmemoración do 3 de decembro, Día Internacional das Persoas con Discapacidade.
Seguirémosvos contando!
15 xaneiro, 2023
Quérome e quero ben
Moi interesante o traballo que as nenas e nenos de sexto de primaria expuxeron para o 25N, Día Internacional da Eliminación da Violencia Contra a Muller.
Centráronse no concepto do amor e identificaron algunhas condutas que se poden confundir co amor, pero non o son: control, falta de privacidade, celos...
Non importa se es unha nena ou un neno, se observas algunha destas condutas nas túas primeiras relacións, escoita ben ao teu instinto: iso non é amor.
25N Todas e todas contra a violencia de xénero
Como cada curso, aproveitamos o Día Internacional Contra a Violencia de Xénero para falar cos nosos nenos e nenas da importancia da igualdade entre homes e mulleres. O noso centro sempre se posicionou e posicionarase en contra de todas e cada unha das distintas manifestacións da violencia; por suposto, tamén contra a violencia de xénero.
Este curso as actividades programadas foron un pouco distintas. Non quixemos poñer o acento na violencia para deixar espazo a outros conceptos máis positivos. Falamos de igualdade, falamos de respecto, falamos de amor, falamos de como debemos tratar ás demais persoas... Se aplicamos estes conceptos e servimos de modelo a nenos e nenas, a violencia terá cada vez menos espazo para subsistir. Tanto en casa como na escola, aproveitemos nosa ferramenta máis poderosa: A educación!!!













.jpg)








